+034 986 09 02 04 Xoves 03 de Decembro de 2020

O Concello do Grove participa no Outono Activo cun Parque de Nadal para os máis cativos


O sábado e o domingo os rapaces de ata 10 anos contarán con actividades lúdicas e de ocio na Casa de Cultura Manuel Lueiro Rey

O Concello do Grove pon en marcha un proxecto de dinamización que se enmarca no denominado “Outono activo” que se ven levando a cabo en distintas cidades galegas. O programa ten a finalidade de ampliar a oferta de lecer para as familias e os nenos nenas, buscando contribuir a formación educativa, pedagóxica e cultural dos cativos e mantendo unha dinámica de conciliación fundamental no momento actual.

As actividades desenvolveranse na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey o sábado 12 e o domingo 13 en horario de 11.30 a 13.30 e de 16.00 a 20.00 horas. As dinámicas e obradoiros están especialmente dirixidos a nenos e nenas de ata 10 anos. Ademáis dos referidos obradoiros haberá contacontos, pintacaras, construccións xigantes e incluso unha zona “baby”. O evento conta co patrocinio de Gadis e non require de inscrición previa.

Programación de Nadal

Esta actividade é unha das primeiras que o Concello do Grove ten previstas dentro da programación de Nadal e que se prologará ata despois de Reis. Ademais deste Parque de Nadal os rapaces e rapazas do Grove terán contacontos e máis actividades organizadas polos alumnos e alumnas do Obradoiro de emprego, reforzadas especialmente nos seus días de vacacións escolares.

Deja un comentario