+034 986 09 02 04 Xoves 17 de Outubro de 2019

O Auditorio Municipal acollerá este domingo a obra de teatro” El dentista, la Evarista y los cuatro de la lista”


Terá lugar este domingo 13 de decembro ás 19:00 horas

O Auditorio Municipal de Ribadumia acollerá este domingo 13 de decembro a representación da obra “El dentista, la Evarista y los cuatro de la lista”, que correrá a cargo da compañía de teatro Xóvenes Mulleres Anduriña.

O grupo XÓVENES MULLERES ANDURIÑA comezou a súa andaina no mes de Novembro do ano 2012 como “Coro” cantando cancións de hoxe e de sempre da man da súa fundadora e Directora Mª del Carmen Muñiz Soto.

No 2013 xa se pasaron ao teatro e comezaron a representar obras como “A tía
Lambida” (de Blanco Amor), Ojo por ojo y Gato por liebre (de José Cedena), e El dentista, La Evarista y los cuatro de la lista (de José Decena) por diferentes zonas de Galicia.

Este domingo aterrizan no Auditorio Municipal de Ribadumia para representar a obra “El dentista, la Evarista y los cuatro de la lista” a partir das 19:00 horas. A entrada é libre.

Deja un comentario