+034 986 09 02 04 Sábado 20 de Xaneiro de 2018

O Alcalde do Concello de Cotobade, Jorge Cubela, asinou o Convenio de Colaboración cos Concello de A Lama, Ponte- Caldelas e Fornelos de Montes


O Alcalde do Concello de Cotobade, Jorge Cubela, asinou o Convenio de Colaboración cos Concello de A Lama, Ponte- Caldelas e Fornelos de Montes para o uso compartido e mantemento da microplanta de transferencia do Concello de A Lama. A acto de sinatura aisistiu o Alcalde do Concello de A Lama, D. Jorge Canda.

Coa sinatura deste convenio dáselle continuidade á cooperación e colaboración interadministrativa, en materia de xestión de RSU, entre os catro concellos que se ven producindo dende a primeira sinatura do convenio no ano 2011, polo cal os catro concellos levarán a cabo o transporte e entrega de RSU á microplanta sita no Concello de A Lama así coma a colaboración na financiación nos custos de persoal desta microplanta.

Este convenio terá unha vixencia ata o 31 de decembro de 2018 prorrogándose por iguais períodos e terá coma obxectivo contar cun bo servizo de recollida de lixo contribuindo así coa a mellora-la calidade medio-ambiental, da calidade de vida e do benestar dos veciños do concello así como daquelas persoas que se acheguen a desfrutar da riqueza natural de Cotobade.

Deja un comentario