+034 986 09 02 04 Luns 20 de Novembro de 2017

A Xunta mellora a atención das emerxencias en Pontevedra coa entrega dun novo vehículo pick up para Protección Civil de Portas


O vicepresidente fixo entrega do vehículo de intervención en emerxencias, cun investimento de preto de 35.000 euros

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega dun vehículo tipo pick up, para atención en emerxencias, á Asociación de Voluntarios de Protección Civil de Portas.

Alfonso Rueda, acompañado acompañado polo alcalde da localidade, Víctor Estévez, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que a Xunta está a traballar para dotar ás Agrupacións de Protección Civil dos medios materiais necesarios para ofrecer o mellor servizo.

Este vehículo, que supón un investimento de preto de 35.000 euros, mellorará as posibilidades de atención dos efectivos de protección civil deste concello, que ata o momento contaban con outro vehículo para atención nas emerxencias.

O vicepresidente subliñou o labor que levan a cabo día a día os voluntarios de Protección Civil, máis de 10.000 en Galicia, que complementan e reforzan a rede profesional de xestión e atención ás emerxencias e contribúen a ofrecer o mellor servizo aos cidadáns, , dende os concellos.

Deja un comentario