+034 986 09 02 04 Mércores 12 de Decembro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

Xunta e Deputación acordan a creación dunha mesa de traballo para impulsar os camiños



O acordo foi tomado nun encontro mantido entre a directora de Turismo de Galicia e a delegada territorial da Xunta en Lugo co presidente da Deputación e o deputado de Promoción Turística e do Territorio

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, mantiveron un encontro co presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Deputado de Promoción Turística e do Territorio, Eduardo Vidal Baamonde, no que acordaron a creación dunha mesa de traballo para potenciar os camiños de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo.

A creación desta mesa é unha das iniciativas incluídas no Plan director e estratéxico do Camiño de Santiago 2015-2021, a folla de ruta que define as liñas xerais e actuacións prioritarias para atender, con criterios de excelencia, ao Peregrino do ano 2021.

No transcurso do encontro acordouse que nesta mesa de traballo participarán representantes da Xunta, Deputación e concellos, e que se encargará de definir as actuacións a levar a cabo nos camiños do Norte e Primitivo, xa que o Francés está actualmente xestionado pola mancomunidade de municipios deste camiño.

Tamén terán representación axentes privados e públicos das zonas polas que discorre o trazado das rutas, por exemplo asociacións ou establecementos, así como un representante da mancomunidade do Camiño Francés.

Así mesmo, no encontro tamén sopesouse a posibilidade de incluír nesta mesa de traballo os camiños de Inverno e do Mar, cuestión que quedou pendente de estudio e dunha futura valoración.

Deja un comentario