+034 986 09 02 04 Venres 17 de Novembro de 2017
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

Comenza o traslado de pezas arqueolóxicas atopadas nos castros ao Centro de Xestión da Cultura Castrexa do Pazo de Liñares


Máis de 140.000 restos atopados nos 18 xacementos da provincia foron enviadas hoxe dende o Museo de Pontevedra ate as instalacións de Lalín

Máis de 140.000 pezas atopadas nos xacementos castrexos da provincia chegaron hoxe ao Pazo de Liñares en Lalín para comezar os traballos de tratamento para a súa limpeza, restauración e posterior catalogación, co que ponse en marcha as instalacións do Centro de Xestión da Cultura Castrexa localizado na capital do Deza.
Deste xeito empeza a funcionar as instalacións deste Centro da Xestión e do seu laboratorio de investigación arqueolóxica do Pazo de Liñares onde van traballar entre dous e oito arqueólogos e restauradores, para a tratamento e clasificación das pezas e restos atopados nos asentamentos castrexos de toda a provincia.
Como se recordará a Deputación de Pontevedra ven desenrolando escavacións en 18 castros e asentamentos da Idade do Ferro localizados na provincia, no que se atoparon centos de miles de pezas que teñen que ser tratadas e catalogadas, traballo para o cal se conta coa nova infraestrutura do Pazo de Liñares, que tras solucionar os últimos problemas estruturais ponse en marcha. Ate de agora estes restos estaban depositados no Museo de Pontevedra.
En principio, a maioría destas cento cuarenta mil pezas que hoxe trasladáronse ao Pazo de Liñares proceden dos asentamentos de Monte do Castro en Ribadumia e de A Lanzada en Sanxenxo, aínda que deberán recibir todos aqueles restos que podan aparecer nos 18 asentamentos que a Deputación de Pontevedra ven de escavar tras o convenio co Ministerio de Fomento. Precisamente neste momento está en marcha a licitación do concurso para a posta en valor, acondicionamento e señalética destes 18 xacementos de toda a provincia. En concreto, trátase dos castros de San Tegra (A Guarda); Alobre (Vilagarcía); Facho de Donón (Cangas); A Lanzada (Sanxenxo); Porta de Arcos (Rodeiro); Mercado dos Mouros (Valga); Igrexa Vella (Valga); Monte do Castro (Ribadumia); Adro Vello ( O Grove); Castro de Troña (Ponteareas); A Cabeziña (Oia); Castrolandín ( Cuntis); Alto da Cruz do Castro (Cotobade); Catro de Subidá (Marín); Castro de Toiriz (Silleda); Coto de Altamira (As Neves); Alto dos Cubos (Tui) e Castro de Penalba (Campo Lameiro).
Neste Centro de Xestión e no seu laboratorio arqueolóxico preténdese que tamén podan desenvolver o seu traballo persoal de outras institucións e incluso abrilo a estudantes en prácticas de restauración. Ademais, pretende ser unha instalación aberta á divulgación da vida castrexa para o que conta cunha pequena sala de exposicións que poderá acoller pequenas mostras dos restos atopados nas escavacións dos castros da provincia.

Deja un comentario