+034 986 09 02 04 Mércores 13 de Novembro de 2019

A Axencia de Colocación de Mos albergará unha Aula de Emprendedores


Os interesados en participar xa poden inscribirse

O concelleiro de Formación e Emprego e tenente alcalde mosense, Óscar Soto, informa da vindeira celebración da Aula de Emprendedores, promovida a través da Axencia de Colocación de Mos en colaboración coa Asociación de Mozos Empresarios de Vigo (AJE) e financiada pola Deputación de Pontevedra a través do Programa de Acción Municipal 2014.

Esta aula ten como finalidade facilitar aos emprendedores cunha idea empresarial concreta, desenvolver e madurar esa idea, e obter ou coñecer aquelas ferramentas e recursos que lles faciliten a avaliación da idea, a súa adaptación ás necesidades reais do mercado, e o traballo en equipo.

A actividade desenvolverase os vindeiros días 3, 10, 17 e 24 de novembro en horario de 10.00 horas a 13.00 horas. É totalmente gratuíta e para inscribirse os interesados so teñen que enviar un correo electrónico ó enderezo info@axenciadecolocacionmos.es ou chamar por teléfono ó 986 48 77 86.

Deja un comentario