+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

O Concello de Arbo convoca o concurso de carteis e redacción con motivo da celebración da “LVI Festa da Lamprea”


O Concello de Arbo convoca o concurso de carteis e redacción con motivo da celebración da “LVI Festa da Lamprea” que terá lugar os días 22, 23 e 24 de abril do ano 2016, para os alumnos matriculados no C.E.I.P Antonio Carpintero

Soamente poderán participar os alumnos matriculados no C.E.I.P Antonio Carpintero.

A) CARTEIS

Tema: o Cartel terá como tema fundamental Arbo, “LVI Festa da Lamprea” gastronomía, paisaxe, patrimonio, o Viño, a Lamprea, os Rios Miño, Cea, Deva, etc,

Soporte: Calquera que o concursante considere axeitado.

Material: Lápices de cores, ceras, acuarelas, témperas, collage, etc..

B) REDACCIÓN

Tema: A redacción terá como tema fundamental Arbo, “LVI Festa da Lamprea” gastronomía, paisaxe, patrimonio, o Viño, a Lamprea, os Rios Miño, Cea, Deva, etc, e tera unha extensión máxima de dous folios escritos por unha cara.

Deja un comentario