+034 986 09 02 04 Venres 28 de Febreiro de 2020

Grandal e Valcárcel reciben ao profesor alemán Geiseler que vai pasar unha estancia profesional no IES Salvaterra de Miño


O IES Salvaterar de Miño pertence a unha rede de centros de acollida profesional de profesorado europeo

O profesor alemán Andreas Geiseler do instituto Vocacional BBS ‘Otto von Guericke’ da cidade alemá de Magdeburg, en Alemaña, foi recibido esta mañá polo alcalde de Salvaterra Arturo Grandal e a primeira Tenente de Alcalde e Concelleira de Educación, Marta Valcárcel. Geiseler terá unha estancia profesional, desde onte ata o 1 de febrero, para impartir español e inglés no IES de Salvaterra así como coñecer o tecido industrial da contorna.
O profesor Geiseler mantivo un encontró de más de media hora con Arturo Grandal e Marta Valcárcel. Estaba acompañado polo director do IES, Andrés Cabana e o responsable de proxectos internacionais, Demetrio Prego. O alcalde obsequiou cun libro sobre Salvarterra ao profesor estranxeiro.
Durante a súa estancia o profesor visitante ten un programa de actividades coa finalidade de comparar e coñecer a organización do centro, a actividade docente e coñecer o tecido industrial da contorna. Visitará a Universidade de Vigo, asistirá a actividades extraescolares de diferentes departamentos didácticos e se lle dará a coñecer a contorna socioeconómica e cultural da que dispón Salvaterra de Miño.
Programa
Dende o curso 2014-2015, o IES SALVATERRA DE MIÑO pertence a unha rede de centros de acollida profesional de profesorado europeo.
Este programa foi convocado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte na Resolución de 27 de maio de 2014 pola que se convocan prazas para centros educativos de Educación Infantil e Primaria, Ensino Secundario, Formación Profesional ou de Ensinanzas de Réxime especial que desexan acoller, durante a súa estancia profesional, a un docente de Alemaña, Austria, Francia, Italia, Reino Unido ou Suíza.
Dende o curso 2014-2015, o IES Salvaterra de Miño foi nomeado centro de acollida de referencia. O profesorado que recibe habitualmente é da Alemaña. É profesorado de distintos centros de ensino secundario de Alemaña: Berlin e Magdeburg.
Esta acción está coordinada polo equipo de Programas internacionais do IES SALVATERRA DE MIÑO e ten como finalidade reforzar o conxunto de acción destinadas a favorecer intercambios culturais, coñecer outras metodoloxías, fomentar a aprendizaxe de linguas estranxeiras e a participación en programas educativos europeos.

Deja un comentario