+034 986 09 02 04 Luns 23 de Novembro de 2020

O Auditorio Municipal acollerá este domingo un concerto de canción popular a cargo dos grupos “Amigos de Gil” e “Manso e Amigos”


Terá lugar no Auditorio Municipal a partir das 19:00 horas

O Auditorio Municipal de Ribadumia acollerá este domingo 24 de xaneiro un concerto de canción popular que correrá a cargo dos grupos “Amigos de Gil” e “Manso e Amigos” e contarán co acompañamento musical de guitarra, acordeóns, etc.

Manso e Amigos, recoñecido grupo que xa ten actuado na maioría dos auditorios de Galicia, e con case 20 anos de experiencia, está composta por músicos de diferentes orquestas como Melodías, Krazy Kray, Lembranza e Beller Boys, entre outras. No 2015 sacaron un disco adicado ao pobo de Cambados no que se inclúen cancións propias de Ramón Cabanillas e Álvaro Cunqueiro e producido polo artista José Vilas Losada.

Pola súa parte, “Amigos de Gil” , formado na Illa de Arousa, comezou polos anos 60 con guitarras de madeiras feitas por eles mesmos e tentando simular aos Beatles. Coa súa música conseguiron conquistar ao público galego.

Xuntos actuarán este domingo no Auditorio Municipal de Ribadumia para ofrecer aos asistentes un concerto da canción popular con acompañamento musical de guitarras, acordeóns e máis.

A actuación comezará a partir das 19:00 horas e a entrada é libre.

Deja un comentario