+034 986 09 02 04 Domingo 23 de Setembro de 2018

“O Goberno Municipal de Cotobade implantará medidas de transparencia sobre a xestión municipal “


Xa foi colocado un enlace do “Alcalde Responde”

O Goberno Municipal de Cotobade implantará medidas de transparencia na xestión local mediante a publicación de datos económicos e administrativos na web municipal.
O obxectivo da medida é cumprir cos principios de bo goberno e servizo á cidadanía, transmitindo a información necesaria para coñecer como se xestionan os recursos que son de todos.
Entre os datos a publicar estarán os relativos ao cumprimento da estabilidade orzamentaria, a media de días no pagamento de facturas, actas de plenos, subvencións concedidas, o presuposto municipal…
Asemade, o Portal Web do Concello de Cotobade xa imprantou fai dez dçias un enlace de soporte para formalizar cuestións directamente ao rexedor local, Jorge Cubela, “O Alcalde Responde”, que xa tramitou 9 preguntas directas ao Alcalde.
“Un dos piares fundamentais deste equipo de Goberno é o de estar preto da xente, dos nosos veciños, polo que pensamos que esta medida valerá para que outros posibles gobernos municipais tomen nota e non haxa volta atrás”. “A transparencia vén para quedarse na vida política e as prácticas da vella política xa pertencen ó pasado”. Esto é parte da rexeneración que os cidadáns, en quenes reside a soberanía, demandan aos seus representantes.

Deja un comentario