+034 986 09 02 04 Mércores 23 de Maio de 2018

Directivos de COEMPO e o alcalde de Ponte Caldelas entregan os vales para unha fin de semana na Toxa aos agraciados cos “rascas” gañadores da campaña de dinamización do comercio local no Nadal


Todavía quedan 3 premios sin descubrir entre os boletos que quedan sin entregar nos comercios de Ponte Caldelas asociados a Coempo

Directivos da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Ponte Caldelas e o alcalde da localidade, Andrés Díaz Sobral, fixeron entrega dos vales para unha fin de semana no Thalasso Hotel Louxo, na Illa da Toxa, a sete agraciados cos “rascas” premiados na campaña de promoción do comercio local levada a cabo no Nadal.

Segundo manifestaron os directivos de COEMPO todavía quedan 3 boletos premiados sin entregar nos distintos establecementos comerciais participantes nesta campaña de dinamización do comercio local que tivo lugar durante as datas do Nadal.

O acto de entrega tivo lugar no salón de actos do Centro Cultural e a el asistiron sete premiados que terán a oportunidade de disfrutar, na compaña doutra persoa, dunha fin de semana no Thalasso Hotel Louxo, na Illa da Toxa con entrada ao Casino para poder coñecer o seu funcionamento.

Os galardonados ata o momentos foron os seguintes: Beatriz Figueira, que recibiu o seu boleto en Superauto; Manuel Barros, na Cervecería Alameda; Jesús González, en Carper Moda; Marisol Iglesias, en xoiería Reme, Consuelo Custodio, en Amalia e Iria Cabadas, en Modas Olga.

O disfrute destes premios terá que facerse antes do 31 de marzo e previa comunicación ao Thalasso Hotel Louxo.

Deja un comentario