+034 986 09 02 04 Xoves 25 de Abril de 2019

O Concello oferta un Obradoiro de Artes Escénicas para rapaces e rapazas de 12 a 19 anos


O Obradoiro conta coa colaboración da Asociación Cultural Enxebre e será impartido por Atenea García

O Concello do Grove pon en marcha un Obradoiro de Artes Escénicas que pretende achegar a os rapaces e rapazas de 12 a 19 anos as posibilidades do teatro e a interpretación, empregando a improvisación e o xogo dramático para explorar as capacidades expresivas da voz e do corpo. Non é necesaria experiencia previa, tan só hai que inscribirse na OMIX (no teléfono 986730609, no mail omix@concellodogrove.es ou no Facebook OMIX O Grove), sendo as prazas limitadas a 12.

As clases serán impartidas por Atenea García de Xarope Tulú nas instalacións do Local Social que a Asociación Cultural Enxebre cedeu para esta actividade. O horario será os martes de 17.00 a 18.30 horas cun prezo de 10 euros por persoa.

Deja un comentario