+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Decembro de 2019

A Policía Autonómica detén a un veciño de Baiona por furtivismo e marisqueo ilegal


Fóronlle requisados 23 quilos de percebe e diversos útiles para a extracción de marisco

A Policia Autonómica da Xefatura de Vigo vén de informar da detención dun veciño de Baiona por furtivismo e marisqueo ilegal.

No transcurso dun dispositivo posto en marcha pola Policia Autonómica nos últimos días nos concellos de Baiona, A Guarda e Oia en colaboración co servizo de Gardacostas, localizouse a un veciño de Baiona realizando pesca furtiva nunha zona costeira da localidade de Oia. Foron comisados 23 quilos de percebe, un traxe de neopreno e varios útiles de pesca para a extracción do marisco.

Cabe destacar que o detido é un furtivo habitual na costa sur da provincia de Pontevedra, segundo informa a Policia Autonómica, con numerosos altercados e condutas violentas cos vixiantes de pesca. A ultima o pasado día 10 en Baiona, onde atacou a un vixiante cunha raqueta ocasionándolle diversas lesións na cabeza e nunha perna.

Deja un comentario