+034 986 09 02 04 Martes 04 de Agosto de 2020

O Concello inicia as obras de dotación de aseos accesibles no Espazo Museístico de Moreiras


As obras permitirán contar con aseos no edificio anexo á nave principal

Logo de diversas negociacións coa Deputación de Pontevedra para poder aproveitar os fondos que inicialmente estaban destinados a obra da Casa do Mariñeiro, que non puido realizarse por mor da falta de permisos de patrimonio, finalmente puideron adxudicarse as obras que permitirán cumprimentar o Espazo Museístico da Pesca e da Salga en Moreiras cuns aseos accesibles.

A obra comezará nos vindeiros días e consiste na construción deses aseos no interior da pequena nave que se encontra ao lado do acceso ao edificio principal e que, ata agora, tiña uso de taller. As obras permitirán adecentar ese espazo cambiando as fiestras para un mellor illamento e corrixindo aqueles aspectos que impidan un correcto movemento dos visitantes nesta zona. Unha vez rematada poderán eliminarse os aseos que se estaban empregando ata agora (ubicados nunha construción provisional de madeira) que non cumprían cos requisitos de accesibilidade.

Deja un comentario