+034 986 09 02 04 Luns 20 de Maio de 2019

Medio Ambiente investirá preto de 1,2 millóns de euros para acometer melloras de saneamento en Cotobade


A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade, Jorge Cubela, reuníronse para tratar este asunto

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio investirá en Cotobade preto de 1,2 millóns de euros, con cargo a fondos europeos, co obxectivo de mellorar o saneamento do núcleo de Tenorio.

A titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, e o alcalde de localidade, Jorge Cubela, reuníronse hoxe para abordar este asunto, así como tamén trataron outros temas de interese para o concello.

Segundo acordaron, a Administración autonómica e a local asinarán un convenio de colaboración para acometer esta actuación, que tamén redundara nunha mellora do saneamento na Ría de Pontevedra.

O obxectivo marcado é licitar os traballos este mesmo ano.

Deja un comentario