+034 986 09 02 04 Venres 21 de Setembro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

O Goberno da Deputación de Pontevedra aproba as bases das primeiras axudas ao deporte federado e deporte náutico da provincia


A concesión das subvencións será por procedemento de concorrencia competitiva e con criterios obxectivos para garantir a transparencia e a igualdade de oportunidades

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou as bases para a concesión das primeiras subvencións a entidades e clubes deportivos para o deporte federado e para o deporte náutico con implantación na provincia de Pontevedra a fin de apoiar a súa participación en ligas e competicións de ámbito comarcal, provincial e autonómico no ano 2016.

As partidas para o deporte federado son de 300.000 euros e de 150.000 euros para as actividades do deporte náutico: remo, vela e piragüismo. A concesión destas subvencións será a través do procedemento de concorrencia competitiva e as solicitudes serán analizadas por unha Comisión de Valoración que terá en conta criterios obxectivos como o nivel de competición da entidade, o número de licenzas federativas, o número de equipos participantes por categorías e a participación en ligas e competicións de carácter local, provincial e autonómica, ademais de nacional no caso dos deportes náuticos.

Cada entidade só poderá presentar unha única solicitude dunha modalidade deportiva concreta que realizarase nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro Xeral, no Servicio de Deportes o na páxina web da Deputación www.depo.es

O prazo para a presentación será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO). As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, tanto na súa sede de Pontevedra como na sede de Vigo.

Deja un comentario