+034 986 09 02 04 Martes 04 de Agosto de 2020

Arévalo ve ambigüidades na proposta de Caballero sobre o transporte metropolitano pero amósase dacordo coa intención de mutua coordinación


A alcaldesa de Mos esixiulle ó de Vigo igualdade de trato independentemente das cores políticas

Respecto da reunión mantida esta mañá en Vigo sobre a Área Metropolitana, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, quixo manifestar o seu disgusto con que, “unha vez máis, o alcalde vigués, Abel Caballero, convocase formalmente ó os alcaldes membros da Área que non son do Partido Popular; e os do PP tivéramos que enterarnos polos periódicos para poder asistir”, declarou.

A pesar delo Arévalo destacou a boa sintonía xeral da xuntanza celebrada hoxe na maioría dos asuntos, aínda que quedaran por concretar, entre outros, os temas da gobernanza e o transporte, que se tratarán na reunión que pasado mañá manterán os alcaldes da Área Metropolitana de Vigo co conselleiro de Presidencia, Administracións Púbicas e Xustiza, Alfonso Rueda.

No encontro celebrado esta mañá a rexedora local mosense esixiulle a Caballero, en primero lugar, que a trate como a alcaldesa de Mos, que é o que é ante todo e sobre todo, e non con desprecio por ser do PP. “Como alcaldesa dun Concello da Área Metropolitana merezo o mesmo respecto que o resto de alcaldes independentemente do partido político ó que pertenza”, dixo.

Sobre a reunión de hoxe Nidia Arévalo explicou que foi unánime a opinión dos municipios participantes sobre que o eixo fundamental da Área é o transporte. “Todos aspiramos a ter unha melloría no servizo de transporte dos nosos municipios”, declarou Arévalo; quen adiantou que a este respecto a afirmación de Abel Caballero foi que “Vigo vai a estar de cheo no Plan de Transporte da Área Metropolitana”.

Ademais Arévalo manifestouse moi dacordo coa intención de Caballero de crear un Comité de Coordinación de todos os Transportes Interurbáns, incluído o da ría, con Vigo; coordinación que segundo a alcaldesa mosense ten que existir sempre, aínda que asegura que “existe certa ambigüidade en termos como a cesión de competencias e a financiación, que aínda temos que estudiar”, dixo. Sobre o Comité de Coordinador o alcalde de Vigo adiantoulles un borrador ó resto de rexedores, que será tamén estudiado por parte do Concello de Mos. E neste sentido Nidia Arévalo asegurou que analizará en profundidade a proposta de Caballero de cara á reunión a manter co conselleiro o vindeiro día 3 de febreiro.

Por último, a a alcaldesa de Mos quixo deixar claro que o VITRASA debe poder adentrarse a zonas mosenses pero tan comúns á cidade veciña como son Peinador, O Rebullón, Puxeiros e San Cosme e tamén reivindicou a necesidade dun billete único que lles permita ós usuarios desprazarse tanto no transporte interurbán metropolitano coma no urbán vigués.

Deja un comentario