+034 986 09 02 04 Mércores 12 de Decembro de 2018

A OMIX de Ponteareas informa das axudas para universitarios


A concelleira de Mocidade de Ponteareas, Verónica Carrera, informa da convocatoria de axudas para o alumnado cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas durante o actual curso académico (2015/2016) que lles impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos.
Estas axudas concedidas pola Consellería de Cultura e Educación están dirixidas ás situacións derivadas de orfandade, falecemento ou vítima de violencia de xénero. Entre os casos que poden acollerse a esta orde están tamén os do alumnado nos que é o seu sustentador principal fora recoñecido cunha incapacidade permanente absoluta ou que non perciba o pagamento de pensións alimenticias no caso de separación ou de divorcio.
Todos os alumnos e alumnas interesados deberán estar matriculados dun mínimo de 50 créditos no presente curso. O prazo de solicitudes remata o 29 de febreiro, pero dado que son axudas previstas para paliar as consecuencias das causas sobrevidas mencionadas con anterioridade durante o curso 2015/2016, todas aquelas persoas que as padeceran con posterioridade á data de publicación destas axudas no DOG (29 de xaneiro de 2016), terán de prazo até o 31 de xullo deste ano.
Para calquera dúbida, os interesados poden dirixirxe a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) situada na rúa Perillana 9/11, chamar ao 672 105 468 ou utilizar o enderezo electrónico: omix@ponteareas.es.

Deja un comentario