+034 986 09 02 04 Venres 22 de Febreiro de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

Cerca de 50 alumnos recibieron sus diplomas de formación laboral en Ponteareas, dentro del programa ‘Activate 2014’ de la Diputación de Pontevedra


Un millar de alumnos participan do ‘Actívate 2014’ en toda a provincia, con máis de 55 Concellos adheridos á iniciativa e preto de 70 cursos en marcha

Un total de 50 alumnos participaron en Ponteareas dos cursos incluídos no programa da Diputación’Activate 2014′ de formación laboral, cuxos diplomas foron entregados esta mañá no Centro de Desenvolvemento local. No acto participaron a deputada provincial Marta Iglesias; xunto ao alcalde, Salvador González;¬¬ e a concelleira de emprego, servizos sociais-atención primaria, comercio e industria, Marisol Valado.
A iniciativa docente da Deputación, que se repite por sexto ano consecutivo no municipio, centrouse durante esta edición nun curso para acompañantes de autobuses escolares e outro de primeiros auxilios.
A deputada Marta Iglesias puxo en valor o feito de que máis dun millar de alumnos participen este ano do ‘Actívate 2014’ en toda a provincia, con máis de 55 Concellos adheridos á iniciativa e preto de 70 cursos en marcha.
Segundo explicou, “a Deputación está a facer un esforzo máximo na formación laboral e o acceso ao emprego dos novos e parados”. “Proba diso -engadiu-, é que preto de 2.300 persoas accedesen á realización de prácticas laborais grazas ás bolsas da Administración Provincial durante este ano”.
Tanto o alcalde de Ponteareas, Salvador González, como a súa concelleira de Servizos Sociais, Marisol Valado, agradeceron o esforzo realizado pola Deputación na formación laboral dentro do municipio, e animaron os seus cidadáns a “aproveitar esta iniciativa e mellorar así as expectativas laborais para colectivos actualmente están en busca de emprego”.
Dende o pasado ano 2009 ata este curso, o programa Actívate de la Diputación puxo en funcionamento experiencias docentes en Ponteareas sobre a prevención de riscos laborais, a cociña e a repostaría, os monitores de tempo libre, o coidado de nenos, cursos de caixeiros e reponedores, de iniciación á informática, de Photoshop e retoque fotográfico, de conservación de alimentos, de reparacións domésticas, ou de especialidades como o xogo infantil.
Os alumnos que participaron das actividades deste ano destacaron a calidade da docencia e a utilidade das materias elixidas. Animaron á Deputación a continuar nesta liña de apoio á formación laboral e suxeriron a posibilidade de ampliar o número de cursos de cara a próximas edicións.

Deja un comentario