+034 986 09 02 04 Luns 11 de Novembro de 2019

O Concello de Ponteareas intensifica os traballos de ornato do cemiterio municipal nas vésperas de Todos os Santos


O cemiterio de Ponteareas desde hai varias semanas está sendo sometido a distintas actuacións de mellora do seu ornato

Operarios municipais da Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Salvador González Solla, está procedendo desde hai varias semanas a distintas actuacións de mellora do ornato do Cemiterio Municipal de Ponteareas para que esta instalación se atope nas mellores condicións posibles de cara a festividade de Todos os Santos, na que se reunen en Ponteareas os veciños e tamén os que están fóra para honrar os seus familiares defuntos. Así estanse acometendo traballos de revisión de puntos de luz e substitución dos deteriorados, así como reposición de plantas, adecentamento das zonas axardinadas, limpeza e traballo de poda das árbores, tanto do exterior coma do interior do camposanto. Igualmente, estase procedendo á limpeza e desbroce dos accesos das estradas Ponteareas- As Neves e Ponteareas- Guillade.

Deja un comentario