+034 986 09 02 04 Luns 24 de Setembro de 2018

O concello de Bueu convoca tres concursos polo Entroido con case 2000 euros en premios


O concurso de Carteis, organizado polo Concello de Bueu con motivo do Entroido 2016, ten de prazo de presentación ata o martes 2 de febreiro. Cada persoa pode presentar un máximo de tres obras orixinais, e haberá un único premio de 300 euros.
Xa para a seguinte semana, o mércores 10 de febreiro ás 17 horas terá lugar o desfile infantil e xuvenil Enterriño da Sardiña, no que poderán participar todos aqueles grupos de comparsas de Bueu que realicen o percorrido oficial do desfile do Enterriño da Sardiña e se inscriban previamente no Concello de Bueu mediante a folla de inscrición ata o 10 de febreiro. Este concurso terá un primeiro premio, que consta de 200 euros, e un segundo, de 100 euros.
E xa para ultimar os concursos, o 14 de febreiro ás 17 horas celebrarase o Enterro do paxaro de mal agoiro polas rúas do casco urbano, no que poderán participar aquelas persoas ou grupos que realicen este desfile, e que se inscriban antes do 13 de febreiro ás 13 horas no Rexistro Xeral do Concello. Este concurso conta con importantes novidades, xa que se abre fóra da localidade e se diversifican os premios. Así, para comparsas haberá un 1º premio de 300 euros, e un segundo, de 200 euros; para as parellas, un premio único de 150 euros, para os grupos, un 1º premio de 300 euros, e un segundo, de 200 euros, e para as individuais, un premio único de 150 euros.
En total, o Concello de Bueu destina para os premios do Entroido un orzamento total de 1900 euros.
As bases poderán descargarse na páxina web do Concello: www.concellodebueu.org e as inscricións faranse no Rexistro Xeral.

Deja un comentario