+034 986 09 02 04 Domingo 05 de Xullo de 2020

Medio Ambiente licitará neste semestre a mellora do río Soutiño, no concello de Valga


A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio mantivo esta mañá unha reunión co alcalde de Valga, ao que lle trasladou que Augas de Galicia colaborará neste proxecto

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, avanzoulle ao alcalde Valga, José María Bello Maneiro, que Augas de Galicia licitará neste semestre as obras da II fase de mellora do río Soutiño, ao seu paso por este municipio pontevedrés.

A titular do departamento autonómico mantivo unha reunión co rexedor, na que tamén participou o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, e na que lle trasladou que o Goberno galego colaborará na financiación que implica este proxecto, para o que se consignarán fondos europeos para a súa execución.

Con esta actuación compleméntase as obras xa executadas por Augas de Galicia que consistiron no acondicionamento das canles de derivación do río Valga, ao seu paso polas parroquias de Valga e de Campaña. O obxectivo desta actuación era mellorar o estado actual das canalizacións, para evitar os problemas de asolagamento que se producen nesta zona.

A conselleira tamén lle indicou ao alcalde que a Secretaría Xeral de Urbanismo apoiará economicamente a financiación da obra de reforzo do edifico administrativo de Valga. Unha actuación que se incluiría no Plan hUrbe e que quedará recollida nun convenio de colaboración que se poderá asinar nos vindeiros meses.

No decurso da reunión o alcalde tamén lle trasladou á conselleira a necesidade de realizar unha obra de saneamento en Barro, Vilar, Carracido, Balleas, Cotriños, Reguengo, Cerneira e Vilar, unha actuación valorada en case un millóns de euros. A conselleira comprometeuse a analiza o proxecto que remita o concello e levalo a cabo en función das dispoñibilidades orzamentarias de Augas de Galicia.

Deja un comentario