+034 986 09 02 04 Venres 26 de Abril de 2019

O Concello de Pontevedra homenaxea aos piragüistas pontevedreses polo seu papel no Mundial de Maratón


Óscar Graña, Álvaro Fernández Fiuza e Damián González reciben o re-coñecemento público do alcalde e do concelleiro de Deportes

Render homenaxe aos piragüistas pontevedreses que tan destacado papel desenvolveron nos últimos Mundiais de Maratón celebrados na cidade americana de Oklahoma foi o obxecto dunha recepción ofrecida no Concello de Pontevedra polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández.
Na Casa do Concello estiveron Óscar Graña (terceiro en C-2), Álvaro Fernández Fiuza (segundo en K-2) e o xuvenil Damián González (cuarto en C-1).
Aínda que o Mundial foi a finais de setembro, a recepción demorouse ata o día de hoxe para poder unir nun mesmo acto aos tres campións pontevedreses, dado que Fernández Fiuza reside en Asturias e tiña dificultades laborais e familiares para compaxinar a súa axenda.
A xuntanza serviu tamén para intercambiar impresións sobre a organización do Campionato de España de Maratón 2015 e o Europeo 2016, que Pontevedra acollerá gracias á aposta da Concellería de Deportes.
O alcalde considerou como un orgullo que Pontevedra dispoña deste magnífico nivel no deporte do piragüismo. Unha idea que reforzou Agustín Fernández lembrando que falamos de medallistas mundiais e que, nos casos de Graña e Fiuza, atesouran xa varios metais durante os últimos anos. É preciso agradecerlles o esforzo que fan e tamén o exemplo que dan aos que acaban de chegar, como é o caso de Damián González, subliñou o responsable municipal de Deportes.

Deja un comentario