+034 986 09 02 04 Luns 09 de Decembro de 2019

O «Gran Desfile de Comparsas» do Porriño deste sábado retrásase das 6 ás 8 da tarde pola choiva


Ante as previsións meteorolóxicas para os vindeiros días, o Concello do Porriño ven de facer cambios nos actos do Entroido que empeza este sábado. O programa da mañá mantense coa ‘Animación de rúa’, ás 12, o pregón, que pronunciará a actriz Araceli Saavedra, ás 12 e media; o ‘Xantar do Entroido’, ás 14 h. Pola tarde celebrarase, as 4 o ‘73º Xogo da Ola’ e ás 4 e media, na Praza de Antonio Palacios, a ‘Animación na rúa’.

Por mor do mal tempo, retrásase das 18:00 h ás 20:00 h. o ‘Gran desfile de Comparsas’, coa Rondalla Santa Eulalia de Atios. Ademais, modifícase o percorrido: o desfile sairá dende a Praza de San Sebastián cara á Praza do Concello.

Do mesmo xeito, mantense, o domingo, día 7, a ‘Festa Infantil’ no Círculo Recreativo e Cultural, ás 5 da tarde, e as actividades do luns, día 8: ‘Animación na rúa’ na Praza Antonio Palacios, ás 12 h.; ‘Baile de disfraces’ coa Orquestra Dúo Amanecer, no Centro Sociocomunitario do Porriño, ás 17 h.

Deja un comentario