+034 986 09 02 04 Domingo 05 de Xullo de 2020

Louzán afirma sentir a mesma indignación e vergonza ca o resto da sociedade ante os casos de corrupción


Rafael Louzán, presidente provincial do Partido Popular, manifestou sentir “a mesma indignación e vergonza que sinte toda a sociedade ante os casos de corrupción que onte coñecemos”.

Louzán realizou esas declaracións á saída do acto de presentación do restaurante do Museo de Pontevedra. “Espero que todo se aclare de xeito rápido e que non se volvan a repetir situacións semellantes nunca máis”, afirmou.

O presidente do PP de Pontevedra asegurou que novas como as producidas no día de onte provocan “desafección” e “dúbidas” non só na sociedade senón tamén nas persoas que, de xeito honrado e comprometido co seu país e cos seus concidadáns, asumen responsabilidades políticas de xeito temporal “pois quen entenda a política como unha profesión, está totalmente equivocado”.

A preguntas dos xornalistas, Louzán destacou que, ante a proliferación de casos de corrupción, débese potenciar a laboura de fiscalización e control dos funcionarios, ser máis riguroso na aplicación das normas e lograr a plena transparencia nas institucións públicas.

“Onte foi un día triste para toda a sociedade e tamén para cantos temos, nun nivel ou outro, responsabilidades na vida pública”, concluíu.

Deja un comentario