+034 986 09 02 04 Luns 23 de Novembro de 2020

Aprazado o desfile de entroido do Sambódromo Meco


As comparsas do Grove sí farán a tradicional ruta de bares

As malas previsión meteorolóxicas para a tarde do 8 de febreiro (cun 100% de probabilidade de choiva e fortes ventos) debuxan un complicado panorama para as actividades ao aire libre. Deste xeito, e tendo en conta as recomendacións dos corpos de seguridade locais, procedeuse a aprazar o desfile de entroido previsto.

O desfile celebrarse o vindeiro sábado, 20 de febreiro, nos mesmos horarios inicialmente previstos para o martes. Tódolos que queiran participar deberán inscribirse previamente na Carpa do Entroido para, a partires das 17.00 horas comezar o desfile polo Sambódromo Meco que estará amenizado polo DJ Carramón. A partires das 21.00 horas, de novo na carpa da Praza do Corgo, celebrarase a festa de entrega de premios.

Para mañá, martes, tense organizado un plan alternativo para que os máis cativos non queden sen festa. Así, entre as cinco e as oito da tarde poderán desfrutar dun inflável, xogos e animación a cuberto na carpa do Entroido.

Lembramos, ademais, que as comparsas locais acordaron manter a súa tradicional ruta de bares a partires das cinco da tarde.

Deja un comentario