+034 986 09 02 04 Martes 13 de Novembro de 2018

Aprazado o Desfile do Enterriño da Sardiña por mal tempo


O Concello de Bueu apraza o Desfile do Enterriño da Sardiña previsto para este mércores, para o domingo 14 de febreiro, ás 17 horas, de xeito que se celebrará conxuntamente co Desfile do Paxaro de Mal Agoiro. Con todo, e segundo informan desde a concellaría de cultura, mantéñense os prazos do concurso.
No entanto, mañá mantéñense as restantes actividades que estaban previstas na carpa sita na Praza Massó. Así, de 11 a 13 terá lugar o Obradoiro de repostaría de Entroido, xincanas e xogos de animación, e de 17 a 20 horas na mesma carpa terá lugar a Festa Infantil de Entroido, con obradoiro de repotaría, Cantabaila, Pintacaras e xogos de animación.

Deja un comentario