+034 986 09 02 04 Venres 06 de Decembro de 2019

O concello acondiciona dous aparcadoiros municipais de cara ao desfile do domingo


A brigada de obras do Concello de Bueu procedeu hoxe ao fresado e acondicionado do aparcadoiro disuasorio de Pazos Fontenla, tal e como informa o concelleiro de Obras e Servizos, Fidel Castro. Esta mellora, que tamén se levou a cabo esta semana no aparcadoiro a carón do CEIP Virxe Milagrosa, faise polo mal estado no que se atopaba, con moitas fochancas e buratos.
Ademais, desde o goberno local lembran que é preciso que a cidadanía tome conciencia e que circulen por este espazo con precaución e respectando o seu uso. Ao mesmo tempo, aínda que se reduciu, aínda hai persoas que seguen botando lixo e escombro sen control, polo que se informa de que se debe de ser máis coidadoso cos espazos comúns.
Fidel Castro destacou ademais o traballo que ten feito o Concello no acondicionamento destes aparcadoiros, que se realizan ano tras ano.

Deja un comentario