+034 986 09 02 04 Mércores 13 de Novembro de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

Outros tres concellos súmanse ao Plan Compost Revitaliza da Deputación de Pontevedra


Lalín, Ponteareas e Sanxenxo presentaron os seusproxectos para instalar centros de compostaxe comunitaria e xa son 23 os municipios que se unen aonovo programa provincial de tratamento de residuos

O Plan Compost Revitaliza da Deputación de Pontevedra sigue sumando concellos. No día de hoxe a institución provincial recibiu tres novosproxectos dos municipios de Lalín, Ponteareas e Sanxenxo para a instalación de cinco centros de compostaxe comunitaria que foran presentadas dentro do prazo oficial nas oficinas periféricas do ORAL. Destexeito, o novo programa provincial para o tratamento de residuos acadaxa 23 participantes que apostan por unha nova forma de xestionar o lixo orgánico que permite mellorasambientais e un aforro substancial dos custesmunicipais do servizo.
As novas incorporacións súmanse ao listado conformado por Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados,Cangas, Gondomar, Illa de Arousa, Moaña, Nigrán, O Grove, Pontevedra, Redondela, Ribadumia, Salceda de Caselas, Soutomaior, Tomiño, Tui, Vilaboa e Vilagarcía.
O vicepresidente provincial, César Mosquera, que xa calificara o pasado venres de “sumamente positiva” a amplaresposta dos concellos da provincia manifestouhoxe a súa satisfacción ao comprobar que a cifra aumentara, o que respalda áDeputación de Pontevedra a seguir traballando no proxecto. Mosquera lembrou que a institución provincial está apostando polacompostaxe como forma de xestión para dar alternativas aosconcellos, que ven que o tratamento do lixo supón un desembolso económico moi importante que impide o desenvolvemento de outras iniciativas municipais. De feito, sinalou que a maior parte dos concellos da provincia apenas cubren unhaterceira parte do custe real do servizo (preto de 200 euros) coas taxas que pagan os cidadáns. “O tratamento do lixo tal e como o concebimos hoxe non é sostible, polo que é preciso buscar solución”, confirmou o vicepresidente, que indicou que a compostaxe servirá para tratar o 40% dos residuos que xera cada fogar (a parte orgánica formada por restos de comida e vexetais) evitando os custes de recollida e de transporte a calquera planta de tratamento, así como a tarifa de 81 euros por tonelada que aplica Sogama a día de hoxe.Mosquera taménlembrou que ademais dos beneficios económicos e ambientais da compostaxe, a aplicación do novo sistema de tratamento do lixo servirá para cumprir a normativa europea en materia de residuos. Esta normativa establece que neste ano 2016 os concellos deben reutilizar ou preparar para a reciclaxe o 50% dos seus residuos, se ben haiunha prórroga de catro anos (ata 2020) para cumprir coas esixencias. Nestes momentos a cifra de reutilización e reciclaxe está moi por debaixodesesrequerimentosda Unión Europea, o que levaría aos municipios afacerfronte a posibles sancións.

Esixencias da normativa europea
Os alumnos da ‘Facultade da Compostaxe’ que se están a preparar para ser mestras e mestrescomposteiroscunha bolsa da Deputación de Pontevedra están a coñecer a lexislación en materia de residuos no módulo formativo desta semana. En canto ásesixencias da normativa europea ás que fai referencia o vicepresidente Mosquera,mañávenresfalará o director da rede europea ‘Zero WasteEurope’ ubicada en Bruxelas, Joan Marc Simón.
Economista de formación, especializado en relaciónsinternacionais e sustentabilidade, conta con dez anos de experiencia na xestión de residuos a nivel europeo.Colaborou na redacción de plans de residuos a nivel local e participou na creación de novos modelos de negocio en base ao residuo cero. A organización que dirixe está dedicada a promover prácticas residuo cero en todo o continente e influenciar a toma de decisiónseuropeas no campo da xestión de residuos.

Deja un comentario