+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

Ponteareas dedicará unha rúa a Rogelio Groba


A proposta será levada ao próximo pleno da corporación e conta co consenso de todos os grupos
A actual rúa DaríoBugallal, situada ao carón da Casa do Concello, pasará a chamarse rúa Rogelio Groba Groba, unha vez que o pleno municipal que se celebrará o vindeiro 16 de febreiro aprobe unha proposta que xa foi acordada por todos os grupos da Corporación.
Rogelio Groba tiña a súa vivenda na rúa DaríoBugallal, político e notario ponteareánque foi deputado no Congreso dos Deputados en tres lexislaturas diferentes que transcorreron entre finais do século XIX e inicios do século XX.
Rogelio Groba Groba, Fillo Predilecto de Ponteareas, naceu en Guláns o 16 de xaneiro de 1930 e dedicou a práctica totalidade da súa vida á música, dándolle a Galicia un pulo importante no eido da chamada “música culta”. Primeiro como instrumentista (en A Unión de Guláns), logo como director de bandas (A Unión, as municipais de A Estrada, Tui, Ponteareas, Pedro Muñoz –Cidade Real- e A Coruña, ademais de varias “harmonies” e “fanfares” en Suíza), de coros (a “Masa Coral Estradense”, o “Rosalía de Castro” da Casa Galega en Madrid, “Follas Novas” e “El Eco” en A Coruña), ou de orquestras (a Orquestra do Conservatorio Superior de Música de A Coruña, a Orquestra de Cámara Municipal de A Coruña e, ocasionalmente, a Real Filharmonia de Galicia ou a LondonSymphonyOrchestra).
Foi nomeado Compositor Asociado á Orquestra Sinfónica de Galicia no ano de nacemento desta última. Exerceu, ademais, como profesor de Harmonía, Contrapunto e Fuga, e Composición no Conservatorio Superior de Música de A Coruña, do que foi director durante vinte anos, e fundou numerosos conservatorios dentro da xeografía galega.
Con todo, o seu gran legado é o da composición. Rogelio Groba Groba compuxo, ata este momento, preto de 700 títulos con obras dos máis variados xéneros e estilos, dende pequenas cancións tradicionais ata sinfonías, óperas, cantatas, música sinfónica, de cámara, para banda, entre outras.
Coa proposta de dedicar unha rúa a Rogelio Groba Groba perpetúase o recoñecemento de Ponteareas a un dos compositores galegos máis importantes da nosa historia e que puxo a Galicia ao mesmo nivel musical que os moitos outros países países de Europa.

Deja un comentario