+034 986 09 02 04 Venres 10 de Xullo de 2020

Ultímanse os preparativos para converter o pavillón municipal de Ponte Caldelas nunha gran feira de oportunidades con rebaixas que van desde o 20 ao 50%


O recinto contará con todas as comodidades para que os consumidores poidan realizar as súas compras con plenas garantías durante a fin de semana do 13 e 14 de febreiro e a entrada será gratuíta

A VIII Feira do Verdugo abre mañá sábado as súas portas, en horario de 10 a 21 horas, no Pavillón municipal de Ponte Caldelas coa presenza de máis dunha trintena de establecementos comerciais do municipio que durante o fin de semana do 13 e 14 de febreiro ofrecerán produtos de máxima calidade con descontos que van desde o 20 ao 50%.

A entrada a este salón de oportunidades será gratuíta para o público en xeral que terá a ocasión de realizar as súas compras comodamente nun novo recinto deportivo, totalmente acondicionado para albergar a unha trintena de casetas relacionadas co sector téxtil, calzado, enxoval, repostería, maquinaria agrícola, sistemas de calefacción, deportes, pesca, caza, mascotas e mundo animal, disfraces, complementos, bixutería, frutería, cosmética, perfumería, videoxogos, etc.

Todos os produtos que poderán ser adquiridos na Feira do Verdugo contarán con todas as garantías de calidade esixidas pola normativa española e europea en materia de dereitos do consumidor coa vantaxe de que estarán a un prezo especial para facilitar a compra por parte dos miles de visitantes que se espera acudan a visitar as novas casetas adquiridas polos empresarios e comerciantes de Ponte Caldelas e que se estrearán na presente edición da Feira do Verdugo.

Este salón de oportunidades celébrase a cuberto das inclemencias do tempo e ofrece todo tipo de comodidades para que os usuarios poidan realizar as súas compras da maneira máis fácil posible. Así mesmo, para evitar que a colocación das casetas e a acción dos miles de visitantes que se prevén asistan a este recinto deportivo, cubriuse a pista cunha protección sobre a que se colocou unha moqueta, xa adqurida con anterioridade, para evitar danos na pista multideportiva.

Responsables do Concello e de Coempo revisaron a colocación destes elementos de protección co fin de que se lle poida dar unha maior versatilidade ao pavillón de deportes á vez que se converte en continente ocasión dun macro centro comercial urbano para dinamizar a actividade económica do municipio non só polas oportunidades de negocio que poida ofrecer aos participantes senón tamén para o sector hostaleiro que se verá beneficiado pola previsible afluencia de público e visitantes que se acheguen durante este fin de semana ata Ponte Caldelas.

Deja un comentario