+034 986 09 02 04 Venres 14 de Decembro de 2018

Festividade de San Valentin


Un ano máis o concello de Arbo homenaxeu as parella que cumpriron os 50 anos de casados. No acto foron un total de 14 parellas os que disfrutaron da boa musica e que da man do Alcalde, Horacio Gil, recibiron as damas un ramo de flores e os cabaleiros un pin co escudo do Concello.
Dúas das parellas que tamén celebraban as súas Vodas de Ouro non puideron asistir o acto, polo que o alcalde desprazouse a súa visita para entregarlle os agasallos e felicitalos, o domingo pola maña polo alcalde.
Tal homenaxe que tivo lugar no Auditorio Multiusos de Arbo ás 18:00 horas o domingo 14, actuaron os grupos musicais do Concello de Arbo, como son a Coral Polifónica de Arbo, a Banda de Musica de Arbo, a A.C Barca de Loimil e a A.C Vella Barca.
O acto que rematou co discurso e agradecemento do alcalde, foi moi emotivo para todas esas parellas, que demostraron con todo o orgullo os 50 anos de matrimonio.

Deja un comentario