+034 986 09 02 04 Martes 24 de Novembro de 2020

O campo de futbol de A Bouza de Barrantes estrea cespede de última xeración


A Alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, o presidente do UMIA FC , Manuel Abuín Castro, e os representantes da empresa Mondo visitan a remodelación

O Concello de Ribadumia está de noraboa tras a remodelación do campo de fútbol de A Senra en Barrantes. As instalacións con nova superficie artificial foron inauguradas pola Alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, o presidente do UMIA FC , Manuel Abuín Castro, e os representantes da empresa Mondo.
O proxecto, moi demandado polos usuarios do campo polo desgaste que sufría a herba sintética do campo, foi realizada con fondos propios do Concello.
A obra foi adxudicada a mellor oferta económica, presentada pola empresa Mondo Ibérica S.A, por un importe de 149.287,15 euros mais ive.

As obras executadas en dúas fases: retirada do pavimento deteriorado e posterior substitución por un pavimento de última xeración denominado Mondoturfnsf, cuxa principal característica é a súa gran resistencia ao esforzo e capacidade de recuperación á verticalidade das fibras. Este céspede é o de gama máis alta no mercado para a práctica do fútbol, con certificado FIFA2 estrelas e será aplicado nos 110 x 68 metros do campo, respectándose as actuais medidas de xogo de 103 x 65.

Esta nova superficie inclúe unha garantía de 13 anos par a subbase e de 11 para o céspede.

O campo municipal soporta unha gran afluencia de xogadores e competicións o ser a sede do UMIA C.F., que conta con 10 equipos con máis de 170 fichas, ademais de equipos afeccionados e veteranos como o Boa Vila de Barrantes ou C.P.I. Julia Becerra que tamén o emprega para a súa actividades deportiva.
A Alcaldesa destacou na súa intervención: “o importante esforzo que desde o Concello de Ribadumia facemos para cumprir os nosos obxectivos e compromisos: fomentar o deporte a través de actividades, dotar ó municipio de instalacións deportivas de calidade e apoiar ós clubs e deportistas locais”

Deja un comentario