+034 986 09 02 04 Domingo 27 de Setembro de 2020

O Concello de Salvaterra de Miño e a Sociedade Galega do Medio Ambiente, SOGAMA, a través do programa “Fabrica e utiliza o teu compost”


O Concello de Salvaterra de Miño e a Sociedade Galega do Medio Ambiente, SOGAMA, a través do programa “Fabrica e utiliza o teu compost” ao que este Concello ven de adherirse, presentan unha Xornada Formativa co fin de formar, a todos aqueles que estean interesados, sobre a realización do compost.

Ademais recordan que todos aqueles veciños e veciñas que estean interesados, aínda quedan prazas libres para participar neste proxecto, – persoa responsable Margarida-

Este programa vai dirixido ás familias que teñen unha vivenda unifamiliar con horta ou xardín, co fin de xestionar os seus propios residuos. O compostaxe doméstico non é máis que o reciclaxe da materia orgánica en orixe, converténdoa nun abono natural con excelentes propiedades para o chan e que o propio produtor pode utilizar na súa horta, xardín e terras de cultivo, en substitución dos fertilizantes artificiais.

O 50% da composición media do lixo está formada por restos orgánicos, con esta técnica, ademais de obter o compost estamos contribuíndo a reducir a produción de lixo.

XORNADA FORMATIVA REALIZA O TEU COMPOST. 19 DE FEBREIRO ÁS 20.30h, Lugar: Aula Casa de Cultura de Salvaterra

Deja un comentario