+034 986 09 02 04 Venres 06 de Decembro de 2019

O CIM de Soutomaior convoca un taller de arteterapia


O ciclo ten unha duración de 14 horas

O Concello de Soutomaior, a través do seu Centro de Información á Muller, acaba de convocar un novo taller de arteterapia. Trátase dun curso de 14 horas de duración no que as participantes darán renda solta á súa creatividade e adestrarán as súas capacidades de expresión artística. As clases comezarán o próximo 16 de marzo no edificio Multiusos de Arcade e o ciclo ten un custo total de 28 euros.
A Arteterapia utiliza o proceso da expresión e da creación artística con fins terapéuticos no que se propón unha experiencia creativa permitindo a expresión non verbal dun mesmo con diferentes aspectos, metafórico, simbólico, e sensorial. A obra é a que comunica. O traballo en arteterapia descansa na creación dunha produción e a realización desta. É a obra en movemento a que é importante, o proceso de crear e o que ocorre neste proceso antes que o resultado final.
Durante o curso utilizaranse materiais como a acuarela, o pastel, pinturas, lapiceros, carboncillo? e para participar non é necesario saber pintar nin ter nocións artísticas, simplemente é necesario ter unha disposición fóra de xuízos estéticos, partindo de que todos podemos expresarnos a través da arte. Entre os obxectivos do curso destaca o dotar aos participantes dunha bagaxe material e didáctica para o desenvolvemento das expresións artísticas fomentando por encima de todo a creatividade e entender a arte como vehículo para a mellora social, física, psíquica e persoal, pero sobre todo, mellorar a calidade de vida psicolóxica e social dos participantes.
Os interesados en formalizar a matrícula ou recibir máis información poden facelo nas oficinas do CIM, no edificio multiusos de Arcade, a través do teléfono 986 701 227 ou a través da dirección de correo electrónico cim@soutomaior.es.

Deja un comentario