+034 986 09 02 04 Martes 16 de Outubro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

Os técnicos da Deputación de Pontevedra realizan unha revisión dos puntos negros do Concello


O pasado venres realizouse unha revisión daquelas zonas do municipio problemas de mobilidade

Tras a solicitude realizada polo Concello, técnicos da Deputación responsables de mobilidade trasladáronse ao Grove para valorar puntos negros nas estradas de titularidade provincial no municipio. Dita avaliación resulta fundamental para poder determinar a ubicación dos “badéns” previstos, tanto os realizados con financiamento municipal como os que se acollerían no plan Móvese da Deputación Provincial.

Ademais deste asunto, un elemento fundamental da visita foi valorar in situ a mellor solución para as beirarrúas que se van poñer en marcha en San Vicente, e que atenden a unha demanda fundamental dos veciños e veciñas da zona. O vindeiro 25 de febreiro o Alcalde e a Concelleira delegada manterán unha reunión co Deputado provincial responsable desta infraestrutura para valorar esta actuación.

Deja un comentario