+034 986 09 02 04 Domingo 27 de Setembro de 2020

Begoña Estévez recibe o boxeador pontevedrés Carlos Rodríguez Onandía, campión galego de boxeo infantil e de kickboxing


O deportista, de só trece anos, conseguiu este ano o título de subcampión de Europa de boxeo tailandés (muay thai)

A deputada Begoña Estévez recibiu o deportista pontevedrés Carlos Rodríguez Onandía, que con tan só 13 anos está a conseguir múltiples éxitos en diversas modalidades do boxeo.

Begoña Estévez valorou o traballo e a dedicación de Carlos Rodríguez, a quen animou a seguir apostando polo deporte, para o que «está a demostrar que ten moitas calidades», e a quen augurou un futuro de éxitos.

Carlos Rodríguez Onandía é o actual campión galego nas modalidades de boxeo infantil e de kickboxing. Tamén en 2014 conseguiu o título de subcampión de Europa de boxeo tailandés (muay thai) nun torneo disputado en Polonia, e é campión galego da mesma modalidade.

Deja un comentario