+034 986 09 02 04 Luns 22 de Outubro de 2018

O Concello renova a calefacción de centros públicos con Fondos Europeos


A empresa adxudicataria está rematando as tarefas de instalación de tres novas caldeiras de biomasa en tres edificios públicos, financiadas con aportacións do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural FEADER, a través do Agader (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural).
Os primeiros edificios beneficiados por esta medida de aforro enerxético, que permite sustituir as antigas caldeiras de gasóleo e optimizar o rendemento, son o Centro de Saúde, o Museo do Viño e o Centro de Educación Infantil A Pastora.
O investimento global desta iniciativa supera os 95.000 euros pero a subvención de fondos europeos solicitada polo Concello a través do Agader, ascende ó 80 por cento do custe total.
Para levar a cabo esta instalación de distribuidoras de calefacción foi necesario realizar pequenas obras de ampliación que permitiron adaptar as novas máquinas e mecanismos ó espazo habilitado.

En futuras actuacións vaise continuar coa instalación destas novas caldeiras en edificios públicos, co obxectivo de compatibilizar a mellora da calidade do servizo coa eficiencia emais aforro no consumo de enerxía.

Deja un comentario