+034 986 09 02 04 Venres 28 de Febreiro de 2020

A falta de responsabilidade do Partido Popular atrasa os labores dos funcionarios do concello


As faltas inxustificadas de asistencia nas Mesas de Contratación, poderán levar multas aos membros do Partido Popular

O alcalde de Ponte Caldelas, considerou levar a cabo o seu traballo coa máxima transparencia dende o inicio da súa lexislatura e sobre todo calquera tipo de contratación de servizo público. Para dar exemplo deste formalismo, ao contrario do realizado pola anterior Corporación, decidiu que nas Mesas de Contratación estivesen presentes representantes de todos os grupos políticos, entre eles o Partido Popular, que na súa falta de responsabilidade, non acode a ningunha das licitacións e contratacións levadas a cabo e lembra Díaz que, “na súa etapa na oposición nunca se lle convidou a formar parte neste tipo de actos, non tendo a oportunidade que si se lle ofrece ao Grupo do Partido Popular e estes desprezan.”
Las Mesas de Contratación, permiten a mellor preservación dos principios de obxectividade e transparencia que deben presidir os procedementos de adxudicación, que culminarán propoñendo ao órgano de contratación a adxudicación a favor do licitador que presentase a oferta economicamente máis vantaxosa, mediante as cales, nesta lexislatura adxudicáronse os postos de venda de alimentos do mercado municipal, o servizo de limpeza dos colexios públicos, a lectura de contadores e outros aínda en proceso, publicando todo o seu trámite no perfil do contratante da páxina web do concello; pero a pesar de todos os medios para facilitar a transparencia no procedemento, o Partido Popular incumpre todas as súas responsabilidades como membro da Mesa de Contratación coa falta de asistencia reiterada, o que leva que posteriormente solicite a través do rexistro que se lle faga entrega dos devanditos expedientes para que poidan revisalos, (algo que poderían facer no seu día) conseguindo con esta petición un trastorno ao persoal administrativo que ten que localizar e fotocopiar os expedientes no canto de atender á nosa cidadanía.
E advirte ao Partido Popular que á marxe de que non respecten os seus propios votantes non asistindo ás convocatorias tan importantes, deberían ter coñecemento das leis vixentes, que de seguir con esta actitude poderán ser sancionados con multas, polas súas faltas inxustificadas de asistencia, xa que no artigo 78 apartado 4 da Lei Reguladora das Bases Locais di textualmente; “Os Presidentes das Corporacións Locais poderán sancionar con multa aos membros das mesmas, por falta non xustificada de asistencia ás sesións ou incumprimento reiterado das súas obrigacións, nos termos que determine a Lei da Comunidade Autónoma e, supletoriamente, a do Estado.

Deja un comentario