+034 986 09 02 04 Luns 24 de Xuño de 2019

Voluntarios de Mos finalizan un curso de loita contra incendios, nas instalación de Seganosa, en Salvaterra de Miño


O curso foi calificado polos asistentes de xeito favorable, pola posibilidade de realización de prácticas con lume real en diferentes simuladores

O curso dotado de 50 horas teórico-prácticas, foi impartido por formadores de bombeiros e dous arquitectos nos que se trataron temas como a intervención en espacios confinados ou pechados, manexo de liñas de auga, etc,.
Durante os pasados meses, os voluntario foron compaxinando as aulas teóricas coas prácticas reais, que finalizaron este pasado fín de semana nas instalación da Empresa Seganosa, Centro de formación de emerxencias integral, situado en Salvaterra de Miño.
Nesta último día, asistiu a Concelleira-delegada de Protección Civil do Concello de Mos, quen pudo comprobar o nivel de exisencia física a que foron sometidos os voluntarios. Ademais, a Concelleira, aproveitou para agradecer en nome dos vecinos e veciñas de Mos, o traballo desenvolvido polos voluntarios fai unha semana, por mor do temporal que azotou o noso concello, con máis de cincuenta intervencións en tres días.
O presidente do colectivo, Santiago Iglesias, destaca a importancia que ten a formación neste tipo de servizos, para garantir unha boa protección das persoas que participan nas tarefas de Protección Civil de Mos, así como conseguir uns obxectivos de calidade que cada día sexan mellores.

Deja un comentario