+034 986 09 02 04 Xoves 03 de Decembro de 2020

A Baiona crécenlle versos nas zonas axardinadas


Poderán cortar as flores, pero non poderán deter a primavera de Pablo Neruda; O xardín é unha delicia para a vista e un consolo para a alma de Sadi, a natureza nunca traizoou a quen a ame de William Wordsworth, os xardíns están na cidade, o mesmo que os pulmóns no corpo humano de Josep Fontseré i Mestre?, son algúns dos versos que os viandantes se poderán atopar ao pasear polas zonas axardinadas de Baiona.

Trátase dunha iniciativa levada a cabo pola Concellería de Medio do Concello de Baiona, á fronte de María Iglesaias, co fin de lembrar aos paseantes a importancia da natureza e o seu coidado.

Os poemas sitúanse en diferentes zonas verdes da Vila como o parque da Palma, a zona axardinada dos tendales ou a alameda da Carabela Pinta, tamén se colocarán en cálea áreas de Sabarís.

«Trátase de poemas para gozalos pero tamén para pensalos, sobre a natureza e o noso rol como seres humanos dentro dela», sinalou Anxo Rodal, Alcalde de Baiona.

Ademais, a vila celebrará mañá o día de Rosalía de Castro con motivo do 179º aniversario do nacemento da autora ilustre das letras galegas modernas e unha das figuras indispensable do panorama literario do século XIX. Por iso e para conmemora a súa figura unha das placas levará gravadas unhas palabras da autora de negra sombra: ?Máis ve que ou meu corazón é unha rosa de cen follas, ié cada folla unha pena que vive apegada noutra?, reza a inscrición que será inaugurada mañá, aglutinando desta forma a esencia das dúas ideas, versos á natureza da nosa poetisa máis recoñecida.

Así mesmo, desde a Concellería de Educación do Concello de Baiona organizouse unha lectura pública dunha das obras de Rosalía de Castro en todos os centros (infantil, primaria e secundaria) da localidade durante a hora do recreo. Para iso a Concellería de Educación regalou a cada un dos centros unha edición rústica de cantares galegos. Os actos centrais de conmemoración terán lugar ás 12h a Alameda Carabela Pinta onde se fará a lectura pública ante os representantes institucionais, asociacións de Baiona e todos aqueles que queiran acudir ao acto.

Deja un comentario