+034 986 09 02 04 Domingo 26 de Xaneiro de 2020

O libro gañador do Premio Lueiro Rey de 2015 será presentado nun acto literario o vindeiro venres


Trátase da primeira actividade que o Concello pon en marcha dentro do programa que se elaborará para celebrar o centenario de Manuel Lueiro Rey

A obra “O Noiro” de Antonio Piñeiro, gañador do Premio Manuel Lueiro Rey de novela curta do Concello do Grove do ano 2015, será presentada o vindeiro venres ás 20.00 horas na Sala das Cunchas do Concello. A presentación consistirá nun acto literario que contará coa intervención de Armando Requeixo, crítico literario, en representación dos membros do Xurado e do propio autor, todo amenizado pola música da arpa celta de José Maquieira.

Este acto dálle continuidade á Gala de entrega de premios celebrada no pasado mes de novembro e é o primeiro dun programa no que se está traballando en colaboración co Concello de Fornelos de Montes (lugar de nacemento de Lueiro Rey) para conmemorar o centenario do nacemento do escritor Manuel Lueiro Rey. Inda que as actividades principais están previstas para o mes de abril, estas estenderanse durante todo o 2016.

Deja un comentario