+034 986 09 02 04 Mércores 30 de Setembro de 2020

O concello de Ponte Caldelas rexeita o sistema de selección de candidatos feito polo INEM para cubrir as prazas do Plan de Emprego Provincial


Andrés Díaz considera que se marxina aos operarios que desempeñaron as súas función no Concello durante os meses de novembro e decembro e que non se axusta á intención de empregar a aquelas persoas en situación especial de necesidade

O equipo de goberno do Concello de Ponte Caldelas rexeita o sistema de selección empregado polo INEM para seleccionar aos candidatos a cubrir as prazas do Plan de Emprego Provincial ao considerar que non responde ás necesidades da súa posta en marcha como dar emprego a aquelas persoas maiores de 45 anos, con cargas familiares e con maior antigüidade en situación de desemprego.

Andrés Díaz lamenta que se dean casos tan paradóxicos como que algunhas persoas que estiveron traballando dous meses (novembro e decembro) a través deste Plan, con moitas cargas familiares e que cumprirían escrupulosamente as bases obxecto deste contrato non poden optar por ter perdida a súa antigüidade provocando situacións absurdas.

O alcalde de Ponte Caldelas asegura que esta queixa é compartida por unha gran maoiría de alcaldes na provincia que ven como a falla de colaboración do INEM pon en entredito o obxectivo deste Plan Provincial “que non era outro que dar traballo a aquelas persoas maiores de 45 anos, con cargas familiares e con demasiado tempo en situación de desemprego”, indicou Andrés Díaz.

“Non parece xusto que, precisamente persoas que cumpran o rango polo que se convocan estos programas queden fóra por cuestións burocráticas ou de criterio pouco práctico que fai que traballadores con enormes cargas familiares que, polo mero feito de ter traballado no Plan anterior, de novembro e decembro, agora perdan por completo toda antigüidade e posibilidade de contratación porque o INEM envía a outros candidatos que, considera deste xeito, que teñen preferencia por cuestións cronolóxicas”, manifestou o alcalde de Ponte Caldelas.

Deja un comentario