+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Decembro de 2019

O Alcalde da Lama felicita aos seus homólogos de Cerdedo e Cotobade por el paso dado para a fusión


Jorge Canda considera que é o camiño polo que teñen que transitar os concellos galegos pensando nun futuro con garantías e servizos para os cidadáns

O alcalde da Lama, Jorge Canda Martínez, felicitou aos seus homólogos de Cerdedo e Cotobade polo paso dado para iniciar o proceso de fusión dos seus municipios como “o camiño polo que teñen que transitar os concellos galegos pensando nun futuro con garantías e servizos para os cidadáns”, manifestou o rexedor lamense.
Jorge Canda, que confesa non ter ningunha oferta de fusión para o seu municipio, sinalou que “de realizarse estudaríase en profundidade pensando sobre todo no benestar dos nosos veciños e en manter ou mellorar os servizos que desde a administración local préstanselle ou se lle poden prestar no futuro”.
Acerca da decisión de fusionar os concellos levada a cabo por Cerdedo e Cotobade, Jorge Canda considera que “é un paso valente para dar unha solución a un problema real que padecen moitos concellos caracterizados pola perda de habitantes, unha poboación envellecida e unha gran dispersión que fan moi difícil manter certos servizos con garantías”.
Para Jorge Canda, “o feito de unir esforzos e crear sinerxias que permitan superar a barreira dos 5.000 habitantes, o que multiplica os ingresos do Estado para os concellos modestos, son un aliciente importante para a fusión, tendo en conta que os concellos como os fusionados dispoñen de poucos ingresos xerados a través de impostos locais como o IBI, a viñeta do coche ou o de construción que representan moi pouco nun orzamento que cada vez se fai máis curto para atender as necesidades e os servizos dos cidadáns”.
Finalmente, Jorge Canda felicitou a ambos os alcaldes e desexoulles os maiores éxitos na súa decisión “porque seguro redundará en beneficio dos seus veciños, auténticos destinatarios deste tipo de actuacións”, dixo o alcalde.

Deja un comentario