+034 986 09 02 04 Martes 16 de Xullo de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

O Goberno de Carmela Silva modifica o orzamento e incrementa os recursos para servicios básicos en máis de 14 millóns de euros


O Gobernoprovincialcumpre así cos compromisos adquiridos na toma de posesión e volvea marcar as súas prioridades
O Goberno da Diputación de Pontevedra aprobará no pleno provincial deste venres unha modificación orzamentaria que incrementará en 14.644.100 euros os recursos que se destinarán este ano a servizos básicos aoscidadáns en cohesión social, emprego, cooperación cosconcellos, medio ambiente, mobilidade, igualdade, cultura ou deportes. A metadedesta incorporación farase como créditos extraordinarios por importe de 7.370.000 euros. A outrametade, 7.274.000 euros, serán para incrementar partidas existentes e insuficientes nos Orzamentos de 2016.

Os novos créditos financiaranse con aforro propio procedente de exercicios anteriores e nonsupoñen aumentar débeda. Ademais todos os gastos son dirixidos aproxectos de interese xeral, social, asistencial e de reforzo da colaboración cosconcellos. De feito, as partidas que aumentan en crédito pertencen fundamentalmente ás áreas de Deportes, un 28,3%; Cooperación cosconcellos, un 22,3%; e Mobilidade, un 21,4%. Estas áreas, que xestionanservizos básicos municipais e provinciais, absorben o 72% do total de suplemento de créditos destaproposta.

Cohesión Social e Xuventude, o Centro Príncipe Felipee Igualdade reciben un 19% do suplemento total. Son importes suplementarios que van servir para ampliar a oferta de empregoxuvenil, actuacións para a formación dos mozos, maiores medidas de atención ás mulleres e mellorasnasinstalacións de atención social. O 18,5% adícaseao fomento do emprego e o 5% do suplemento de crédito engadidodiríxese á promoción da cultura e a ampliar a oferta do Museo con adquisicións e subministracións.

En resumo, trátasedunha incorporación de créditos que supón un 9,6% máis no orzamentodesteano 2016, dirixido a dotar de máis recursos aosservizos básicos municipais e da provincia e a mellorar as prestaciónsnas áreas de maior demanda social

Para Carmela Silva “esta modificación do orzamento é moitomáis que un aumento de recursos para dar resposta a todos os compromisos que adquirimos como goberno; é unhamostra inconfundible de cal é a política na que cremos que é a política para as persoas. É unhamostra inequívoca de que cambiamos radicalmente co modelo anterior, ao que sempre nos opuxemos frontalmente”

A Presidenta da Deputación engadiu que “haioutra forma de facer política, pensada para a gran maioría, e esta modificación é unha proba evidente de que as cousas se poden e débensefacerdoutra forma, que nos vai a permitir que podamos facerfronte a todos os nosos compromisos…. pero o máis importante,vai permitir facerfronteás necesidades reais da sociedade na provincia de Pontevedra”

Deja un comentario