+034 986 09 02 04 Xoves 04 de Xuño de 2020

Teatro do Atlántico representa este sábado en Tui “O principio de Arquímedes”


Será ás 20h no Teatro Municipal. As entradas están á venda ao prezo de 6€ e 4,5€.

Este sábado, 27 de febreiro, ás 20h o Teatro Municipal de Tui acolle a representación de “O principio de Arquímedes” da man de Teatro do Atlántico. É unha obra dirixida por Xulio Lago e interpretada por María Barcala, Toni Salgado, Alberto Rolán e Marcos Vieitez.
Baseada no texto de Josep M. Miró i Corominas conta a historia dun adestrador de natación sobre o que cae a sospeita de ser un pederasta. Hai tantos argumentos que corroboran a sospeita coma que a converten en infundada. O medo fai crecer coma unha bola esta sospeita sobre un feitos que ofuscan aos pais. O monstro do medo desemboca en violencia.
“O principio de Arquímedes” foi estreada en marzo de 2015. Con esta obra Teatro do Atlántico cumpre 30 anos de actividade ininterrompida dende a súa fundación no ano 1985. Dende entón ten producido máis de trinta espectáculos. Galicia é o marco referencial da súa actividade pero teñen actuado tamén por toda España e no estranxeiro. Na súa traxectoria figura tamén numerosos premios ao mellor espectáculo, mellor actor e mellor actriz principal e secundario, mellor dirección ou mellor escenografía.
As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o sábado ás 12h ou o sábado pola tarde dende ás 18.30h no despacho de billetes da Área Panorámica ao prezo de 6€ e 4,5€.
Teatro do Atlántico con “O principio de Arquímedes”
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Data: Sábado, 27 de febreiro, ás 20h
Entradas:
– Á venda ata o sábado ás 12h en www.culturatui.info
– No despacho de billetes o sábado dende ás 18.30h
Prezo: 6€ e 4,5€

Deja un comentario