+034 986 09 02 04 Venres 14 de Decembro de 2018

Presentación rallye Eurocidade


Equipo Dona Urraca

O Equipo Dona Urraca presentará a súa maior aposta o próximo día 4 de Novembro de 2014 ás 12:00h da mañá nas instalacións do Parador de TUI. Esta presentación oficial será enfocada a revelar os principais datos acerca do que será o maior evento da Eurocidade que conforman Tui e Valença do Minho, o 1er rallye Eurocidade Tui – Valença.

Nesta presentación, Marcos Romeiro, o presidente do equipo, xunto cos alcaldes de ambos os dous municipios, o presidente da deputación de Pontevedra Rafael Louzán, e o secretario xeral para o deporte José Lete Lasa falarán para os medios de comunicación sobre os obxectivos do rallye, as apostas que se realizaron para levalo a cabo e se mostrará tamén un video especial de presentación, así como describir toda a información acerca de horarios, percorrido e plánning xeral do 1er rallye Eurocidade Tui -Valença.

O Equipo Dona Urraca, organizador deste evento, espera contar con numerosos medios de comunicación xerais e especializados na devandita presentación, que repetimos, levarase a cabo nas instalacións do PARADOR de Tui; posto que é un dos patrocinadores do que será o maior evento deportivo da Eurocidade, e quizais un dos mais importantes do calendario do campionato galego de rallyes, ao ser a primeira vez que se disputan tramos en ambos os dous países nun mesmo rallye.

Deja un comentario