+034 986 09 02 04 Luns 18 de Decembro de 2017

A Deputación estuda melloras en dúas estradas provinciais de Salceda de Caselas tras oito anos de espera por parte do concello


O deputado de Mobilidade Uxío Benítez anunciou unha actuación urxente para mellorar un punto negro nun cruce da estrada provincial que une Cerquido e Borraliño

Os representantes provinciais analizarán como urbanizar a vía provincial que conecta o núcleo urbano coas piscinas e o parque de autocaravanas

O deputado provincial de Mobilidade Uxío Benítez anunciou onte a intención da Deputación de Pontevedra de estudar a mellora de dúas estradas provinciais no concello de Salceda de Caselas. Este municipio levaba reclamando estas actuacións ao goberno provincial dende hai
oito anos.

O deputado Benítez e máis a nova directora de Mobilidade Isabel Pardo de Vera se reuniron co alcalde Marcos Besada para analizar as necesidades en materia de infraestruturas do municipio. O rexedor plantexou dúas actuacións que considera prioritarias.

A primeira consiste na eliminación dun punto negro na EP­2503 entre Cerquido e Borraliño. A
actuación ubicaríase no lugar no que esta vía se cruza con outra de titularidade municipal nunha
curva. Alí hai pouca visibilidade, polo que é precisa unha reordenación dos itinerarios. Segundo
indicou Uxío Benítez, a actuación é urxente, debido ao alto número de sinistros de tráfico
detectados no lugar, e así a tramitará a Deputación.

A segunda actuación solicitada por Besada á Deputación consiste na urbanización da vía entreSalceda e Caldelas para mellorar a conexión peonil coas piscinas municipais, co parque de autocaravanas recén aberto polo Concello e coa senda ‘Martin Sheen’. Neste sentido, o deputado solicitou ao rexedor que na vindeira semana presentase unha solicitude xustificada da obra paraver se se adapta ao decálogo de criterios de actuación nas vías provinciais. Posteriormente, dedarlle o visto bo, a Deputación elaboraría o proxecto, realizaría a valoración económica eestudaría se se podería incluír no plan de actuacións deste ano 2016. De ser así iniciaríanse asobras.

Por outra banda, o deputado e o alcalde falaron tamén das solicitudes de Salceda de Caselasdentro do Plan MOVESE. Segundo Benítez, a maior parte das solicitudes parecen axeitadas, se ben a aprobación definitiva se comunicará nas vindeiras semanas.

Deja un comentario