+034 986 09 02 04 Xoves 03 de Decembro de 2020

Na mañá deste venres, a alcaldesa de Marín e o Concelleiro de Deportes recibiron no Concello aos dous últimos medallistas do xa prolífero deporte marinenses


Na mañá deste venres, a alcaldesa de Marín e o Concelleiro de Deportes recibiron no Concello aos dous últimos medallistas do xa prolífero deporte marinenses
Esta vez o taekwondo deunos as últimas alegrías.
A habitual nestas citas Katia Calvar conseguiu o Campionato de España Absoluto en categoría -67kg. Pola súa banda, Iván García trouxo o subcampeonato de España Absoluto en categoría -88kg.
A Katia recibíuselle a través de Skype debido á súa pertenza á disciplina do Centro de Alto Rendemento de Barcelona polo que grazas ás tecnoloxías a alcaldesa puido darlle o parabén por este novo logro emplazandola a seguir crecendo e a traer novos éxitos para Marín.
Pola súa banda Iván acompañado do seu Director Deportivo e adestrador Anxo Torres (club Mats) tamén recibiu palabras de parabén da alcaldesa.

Anxo Torres tamén aproveitou para anunciarnos a entrada no Centro de Alto Rendemento de Madrid, do taekwondista marinense Pablo Fernández para a súa posible participación nas Olimpíadas de Tokyo 2020. Outra gran noticia doutro gran deportista de Marín.

Deja un comentario